viernes, 25 de octubre de 2013

POLO CAMIÑO EMPINADO


              O camiño empínase ó lonxe, pero a Ícaro Sabueso Luz non lle mete medo. De todas formas, aínda que lle metese medo, tiña que facelo igual; alá enriba está a súa casa e a noite está a piques de facer durmir o día. Aínda lle queda un bo treito para chegar. E ten que chegar, por moi costa arriba que se lle poña. Ícaro Sabueso Luz vive só. Leva 20 anos vivindo só; desde que morreu a súa dona. E a pesar do tempo transcorrido, segue botando de menos a Acacia Pampán López, a Coella de Gervasio. Ninguén sabe por qué lle chaman a Coella de Gervasio, pois nin pariu como unha coella, nin ten os dentes como unha coella, nin as orellas e ninguén da súa familia se chama ou se chamaba Gervasio. Nin ela nin o seu home Ícaro Sabueso Luz saben de onde procede o seu alcume. Ícaro Sabueso chegou á súa casa botando os bofes, pero chegou. É xa noite pecha. Case non atina, case non acerta meter a chave na cerradura da porta. Pero atina e entra. Chegou.


              Café Oren Express da Valenzá. Martes, 22 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario