jueves, 17 de octubre de 2013

POEMA DE DESCONCERTO


              Hai expresións, hai caras que reflicten todo un sentimento. A de Agapito Agachado Suárez é todo un poema de desconcerto e preocupación; ten unha leira enorme de patacas na Lagoa de Baños de Molgas e non ten a quen llas vender. Paseou todos os almacéns de Xinzo de Limia, comarca por antonomasia do tubérculo, e non conseguiu chegar a acordos con ningún. Todos lle ofrecían unha miseria e, para máis aquel, tiña que poñer el o porte; o que significa a contratación dun camión que lle cobraría máis do que lle ofrecen pola patacas. Agapito Agachado Suárez séntese fundido e coas mans atadas; xa non sabe a quen máis ofrecerllas. Tampouco as quere regalar. Antes as deixa podrecer baixo a terra. Do que si está seguro é de que, aínda que consiga vendelas no último suspiro, abandona a agricultura e dedicarase a pedir esmola na rúa do Paseo de Ourense. Polo menos alí non deixará os riles por catro cadelas. Seguro que gana máis pedindo!


              Café O Morto de Ribadavia. Sábado, 5 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario