viernes, 18 de octubre de 2013

BOTAR AS CAMPÁS A VOAR


              Ui, malo! A ministra de Fomento, Ana Pastor, nega que teñan intención de cobrar peaxe nas autovías. Mal asunto! Porque cada vez que negaron ou afirmaron algo, axiña fixeron todo ó contrario. Tanto o Goberno como o PP levan toda unha lexislatura facendo todo ás avesas do que dixeron, ou sexa, mentindo. Xa empezan a ter fama de mentireiros. O exemplo máis achegado témolo no noso presidente Feijóo, que declarou, todo fachendoso, que o 70% dos contribuíntes galegos beneficiaríanse da “súa rebaixa fiscal” (a que lanzou el), cando na realidade seica afectará tan só ó 61% do total. Gústalles botar as campás a voar. Claro que, entre tantas campás, sempre hai algunhas rotas e os seus tanguidos soan a falsidade. Non obstante, dálles igual; seguen buscando máis campás polo territorio dos sufridores. Seguen buscando máis campás para que o seu son mitigue, alivie as súas mentiras.

              Café Oren Express da Valenzá. Xoves, 17 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario