martes, 22 de octubre de 2013

O MALDITO ANGAZO


              Carallo para o angazo! Hosana Faisal Mengual lembrouse axiña do aparello. Faltaría máis! Acababa de darlle unha porrada en todos os morros. Non sabía cómo se chamaba, ata que o sogro lle dixo que lle puxera un pé nos seus gallos. Hosana Faisal Mengual fíxolle caso ó pai do seu home. E pasou o que pasou. Que lembrou o nome do aparello agrícola. Carallo para o angazo! Logo das chanzas, quedou pensando se non sería verdade aquilo de que a letra con sangue entra. Hosana Faisal Mengual non sabía a maioría dos nomes dos aparellos que había na palleira de Haroldo Sarmiento Lameiro, O Culebras, ou o que é o mesmo, seu sogro. Ela era dos países árabes e casara co fillo do Culebras na Suíza, onde se coñeceran e onde aínda botaron uns vinte anos antes de virse para Galicia. “Xa verás como meu pai axiña che ensina os nomes”. Empezaron polo angazo. Logo se lle quedou na cabeza... e nos morros.


              Café Oren Express da Valenzá. Venres, 18 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario