sábado, 12 de octubre de 2013

O RURAL, UN CERO Á ESQUERDA


              Avinagrado. Esfolado. Queimado. Escaldado. Totalmente escaldado pola actuación de boa parte da sociedade ante o problema dun cento de viticultores que se viron negros para vender as súas uvas… os que as venderon. Escaldado. Polas institucións políticas e administrativas. As políticas; tan só tres ou catro concellos, timidamente, un pouco cagainas, deixaron caer o problema nos seus plenos. Pero fóra diso, nin un recordo máis, nin unha axuda presencial, nada de nada. As administrativas; en vez de axudar, puxo todas as trancas posibles, todos os atrancos dos que dispuxo. A Consellaría do Medio Rural foi a primeira que foi contra o rural. Unha incongruencia, verdade? En vez de mirar polo rural, amoloulle que nos manifestaramos na súa Xefatura Territorial. Somos un cero á esquerda. Escaldado porque, aínda coa presenza de Unións Agrarias, non recibimos ningún apoio. De ninguén. Pois que ninguén me veña agora pedindo o voto. Eu son o meu propio partido. Que ninguén me pida unha asistencia a manifestacións ou protestas, nin tan sequera a unha simple reunión na que se reivindique algo. Está demostrado, cada un que loite polo seu. Que baixen pensións. Que recorten no que queiran. Que suban os impostos que lles dea a gana. Tan só escribirei sobre o que realmente me afecte. Queimado e escaldado.


              Café Paco Paz de Ourense. Martes, 8 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario