viernes, 18 de octubre de 2013

PREVALECEU A ACTIVIDADE EDUCATIVA


              Hai uns días lin unha noticia que penso que, antigamente, nin tan sequera sairía polos medios, nin tan sequera sería noticia. O pai dun rapaz denunciou a un docente porque este lle fochicara o alumno no móbil. A denuncia levouse a cabo por culpa da intimidade ou da protección de datos. De acordo; pero o rapaz seica amosaba vídeos sexuais que tiña acumulados ou gravados no seu móbil. Unha alumna, cando lle ensinou un, acusouno. De aí partiu todo.
              A ver, nos meus tempos (e se houbese móbiles), a miña nai dábame unha hostia por levar o móbil ó colexio, dúas por ter vídeos sexuais e tres por abrirme un expediente de sanción, como o que lle abriron ó estudante. Menos mal que, ás veces, a xustiza funciona e protexeu, apoiou ó docente coa alusión de que a actividade educativa prevalece sobre a protección de datos.
              Case é normal que o rapaz teña vídeos sexuais (a esa idade!...), como é normal que o colexio botase man das súas normas internas, mais a actitude do pai é a que se sae de contexto… deixando que o seu fillo leve móbil ó colexio (onde se vai a estudar) e entrando no xogo da disciplina de calquera colexio. Menos mal que a min non me aconteceu iso; non quero imaxinar a cara da miña nai, nin as súas mans sobre a miña cara.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 16 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario