viernes, 18 de octubre de 2013

A CRUCIFIXIÓN DOS ÁRBITROS


              Empezou a temporada futbolística e empezou, cómo non, a crucifixión dos árbitros. Dá igual a categoría na que arbitren; desde a primeira división ata a terceira rexional provincial. O malo da película sempre será o árbitro. Sempre. Para o que perde, claro. É máis, ás veces, ata ganando intentamos crucificalo. E non só de palabra, senón con puñadas ou, se fai falta, cravos, para que a crucifixión sexa máis real. O outro día tocoulle a Miguel Quintana Neira, no partido San Roque-Toén, que o atacou un espectador que seica era xogador do Toén e, para máis aquel, fillo do delegado do club, do que se presume que hai que dar exemplo. O peor aínda de todo é que, segundo a garda civil, o “civilizado” Eugenio Cruz Iglesias era reincidente. Que fai un xogador así no fútbol? O nome do xogador é un dicir, mellor sería chamarlle calquera adxectivo deses que degradan a condición humana. Sei seguro que non será o único relato que escriba, un ano máis, sobre a defensa dos árbitros. Unha pena.


              Biblioteca da Valenzá. Martes, 15 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario