jueves, 10 de octubre de 2013

A REGATEADORA


              Xulia Miranda Sosias colle uns zapatos nun posto da feira e bérralle á señora que está por detrás do estante para saber o seu prezo. Cando llo di, Xulia fai un xesto de desprezo e lanza un “ouuhh” exclamativo. Empeza aí a auténtica devoción da nosa protagonista: o regateo. É feliz atacando e contraatacando. É feliz defendéndose. Ata é feliz ante os insultos que ás veces lle adoitan lanzar por ser tan avarenta. Xulia non é avarenta; tan só pensa no que se tivo que arrastrar para acadar catro cadelas mal pagadas polos produtos que ela lle vende tamén ós veciños ou nesa mesma feira. Pensa no traballiño que leva para criar dous porcos. Non quere agora que un feirante lle leve a metade dos cartos. A todo iso, repetimos, gústalle regatear. Deixou cousas sen mercar, nas tendas ou nas feiras, por tan só dous ou tres céntimos de euro. A maioría dos feirantes xa lle teñen medo, aínda que recoñecen a súa legalidade. Téñenlle medo e téñenlle cariño. Se falta ela, falta o barullo no posto.


              Café Paco Paz de Ourense. Venres, 4 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario