viernes, 18 de octubre de 2013

UN TRONO QUE REBENTA


              Cara triste, seria. Pensamentos que abrollan, que agroman. Ideas que rebentan. Ideas de mala uva, asasinas, malvadas. Canso de ser un cacho de pan, un alpabarda, un gazafello. Ruxerruxe de guións mal escritos. Cello engurrado. Xesto dorido. Película de terror nunha finca con brotes verdes, con gromos tenros. Porca miseria. Putada de país. E o silencio que se envolve na néboa, que penetra polos piñeirais. E o ruído que se mestura por entre as cepas, por entre as carqueixas. Ruído de berros. Ruído de saloucos. Ruído de rabia. Ruído de balóns que se botan fóra. Ruído de políticos ineptos, de institucións estafermas. Medo nun ano de miseria. Medo por un trono que rebenta. Treboada nunha vida escrava. Rebenta a semente dun suor que cae, duns riles que doen, dun traballo que manca, dunha dor que mata, dunha etapa que acaba. Rebenta o trono para matar o silencio. Putada de país. Porca miseria.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 9 de outubro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario