miércoles, 12 de febrero de 2014

A OLLO


              Dime que hai máis alá daquel outeiro? Máis alá está o nacemento dun regato que, ós poucos metros, xa se volve río. Un río cheo de troitas e de tartarugas que habitan nas súas beiras. Nas beiras tan só hai amieiros e algún que outro lameiro. O lameiro máis grande está a cinco quilómetros e pertence a Fabio Latoso, O Mollo, que é o fillo da señora Halima do Gaspar, O Fanegas. O de Fanegas penso que vén polo das antigas medidas de capacidade. Agora todo vai por quilos. Pero antes... antes había outras medidas, incluso aquela que era a máis chula de todas: a ollo, a vulto. A xente medía unha mesa “a ollo” e non erraba nin dous centímetros, ou unha leira “a ollo” e saían os regos xustos. Ata os moumiños, que xa é dicir. A xente medía unha saca de fariña ou de millo ou de centeo ou de patacas ou de fabas ou de remolachas ou de cisco ou de garavanzos “a vulto” e non erraban nin un cuarto de quilo. A ver, ho, dime que hai máis alá daquel outeiro? Que vai haber!, o nacemento dun regato que vai dar ó mar.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 5 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario