lunes, 17 de febrero de 2014

OS NAMORAMENTOS




              Onte (16-02-2014), mentres esperaba a Xoel nos Remedios a que chegase de xogar de Santiago e baixo a luz dos farois públicos, rematei de ler o libro “Os namoramentos” (2011), de Javier Marías. Foron 395 páxinas de auténtica literatura, cunha linguaxe académica espléndida e cunha historia que se sae un pouco do común.

              CONTRAPORTADA:

              “Os namoramentos” é un libro sobre a impunidade e sobre a horrible forza dos feitos; sobre a inconveniencia de que os mortos puideran volver, por moito que se os chore e que en aparencia nada se desexara tanto como a súa volta, ou ó menos que seguiran vivos; tamén sobre a imposibilidade de saber nunca a verdade cabalmente, nin sequera a do noso pensamento, oscilante e variable sempre.

              SOLAPA DA CONTRAPORTADA:

              Javier Marías. Madrid, 1951. Licenciado en Filosofía e Letras, foi profesor en Oxford e na Complutense de Madrid. En 1979 ganou o Nacional de Tradución pola súa versión de “Tristram Shandy”. É autor das novelas “Os dominios do lobo”, “Travesía do horizonte”, “O monarca do tempo”, “O século”, “O home sentimental”, “Todas as almas” (Premio Cidade de Barcelona), “Corazón tan branco” (Premio da Crítica, Prix L´Oeil et la Lettre, IMPAC Dublin Literary Award), “Mañá na batalla pensa en min” (Premio Fastenrath, Premio Rómulo Gallegos, Prix Femina Étranger, Premio Mondello di Palermo), “Negro lombo do tempo”, e os tres volumes de “O teu rostro mañá: I Febre e lanza (Premio Salambó), 2 Baile e soño, 3 Veleno e sombra e adeus”. Publicou os libros de relatos “Mentres elas dormen” e “Cando fun mortal”; colección de artigos como “Onde todo sucedeu: ó saír do cine”; recensións e retratos en “Vidas escritas” e “Miramentos”, e as antoloxías “Contos únicos” e “O home que semellaba non querer nada”. Recibiu os premios Nelly Sachs, Grinzane Cavour e Alberto Moravia ó conxunto da súa obra. É membro da Real Academia Española.

              SOLAPA DA PORTADA:

              A última vez que vin a Miguel Desvern ou Deverne foi tamén a última que o viu a súa muller, Luisa, o cal non deixou de ser estraño e quizais inxusto, xa que ela era iso, a súa muller, e eu era en cambio unha descoñecida...” Así comeza “Os namoramentos”, a nova novela de Javier Marías, considerado coma un dos mellores novelistas contemporáneos. María Dolz, a narradora e protagonista, só soubo o seu nome “cando apareceu a súa foto no xornal, apuñalado e medio descamisado e a piques de converterse nun morto: o último do que se debeu dar conta foi de que o acoitelaban por confusión e sen causa”.


              Cunha prosa profunda e cativadora, esta novela reflexiona sobre o estado de namoramento, considerado case universalmente como algo positivo e incluso redentor ás veces, tanto que parece xustificar case todas cousas: as accións nobres e desinteresadas, pero tamén os maiores excesos e ruindades.

No hay comentarios:

Publicar un comentario