viernes, 7 de febrero de 2014

UN PAÍS DE PULGAS E PIOLLOS


              A Unión Europea sitúa a España á cabeza da corrupción. Pois vaia novidade! Xa hai moitos anos que somos un país de corruptos. E aquí, ó falar de corrupción, xa sabemos todos por onde van os tiros. Quen máis quen menos somos corruptos, pero a clase política lévase a palma. E hoxe en día, cando se fala de corrupción, o pensamento sempre corre coma un lóstrego cara ós políticos. Despois, se o analizamos friamente, case chegas á conclusión de que é normal que en España haxa corruptos, pois logo de ser descubertos... nin dimiten nin, moito menos, acaban cos seus ósos no cárcere. Que va!; é máis, intentan manipular todo e ata ás veces conseguen que algúns xuíces dos que xulgan esa peste aparezan coma culpables. No noso país, se rouban un paquete de tabaco, que se ateñan ás consecuencias; porén se son corruptos, búscanlle as pulgas, pero axiña achacan que non teñen ningún insecticida para matalas. Vivimos nun país de pulgas e piollos sen insecticidas. O Raid tan só mata as moscas.


              Café Oren Express da Valenzá. Martes, 4 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario