jueves, 6 de febrero de 2014

AS RULAS DE BAKUNIN




              Acabo de ler o libro galego “As rulas de Bakunin” (2000), de Antón Riveiro Coello. E lino case nun suspiro porque a emoción enchíame o peito en cada capítulo seu. Intenso e cuns personaxes de luxo. Foron 253 páxinas de auténtico goce. Que marabilla de novela! Espero ter o mesmo goce co seguinte libro deste autor: “Acordes náufragos”, que imaxino que empezarei a ler pola tarde.

              CONTRAPORTADA:

              Nesta extraordinaria novela, Riveiro Coello percorre o noso século (o agrarismo, a República, a Guerra, a represión, a emigración, a democracia) da man dun militante anarquista que funde a súa historia particular coa colectiva. Intensa e emotiva, “As rulas de Bakunin” é unha chamada á recuperación dunha memoria histórica que é amarga e gozosa, nobre e tráxica.

              SOLAPA DA PORTADA:


              Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis destacados e premiados da literatura galega na pasada década. Publicou as novelas “Valquiria” (1993, premio Camilo José Cela), “A historia de Chicho Antela” (1997), “A quinta de Saler” (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos “Parque Central” (1996) e “Airadas de palabras” (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. No ano 2000, Riveiro Coello publicou “Animalia” (premio Café Dublín) e as novelas “Homónima” (premio Álvaro Cunqueiro) e “As rulas de Bakunin” (premio García Barros).

No hay comentarios:

Publicar un comentario