lunes, 17 de febrero de 2014

BAILE DE NÚMEROS


              Tanto ruído que nin tan sequera se oe ben a música. Tanto ruído que un plástico que envolvía unha galleta foxe incluso asustado. Nenos que berran. Mulleres que falan cun ton forte, case coma os nenos. Baile de números nunha operación matemática que se desenvolve na cabeza de Heleia Mitos, a muller que ten agachada a testa sobre un caderno de follas brancas, sen raias, sen cuadrículas. Helia Mitos fai operacións de sumas, restas, multiplicacións e divisións. Matemática pura. Logo de cada operación queda pensativa. Nótase a leguas que lle bailan os números na cabeza. Porque axiña tacha esa operación e volve, con parsimonia, a outra. Baile de números. Despois de encher toda unha folla e de esborranchar todas, absolutamente todas as operacións, segue na seguinte na seguinte folla branca e de cando en vez bailan os números na súa mente para trasladalos logo ó papel. Mais ante o intenso ruído dos nenos e das nais dos nenos, pecha o caderno e larga sen rematar por completo o traballo.


              Café Brétema da Valenzá. Martes, 11 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario