sábado, 22 de febrero de 2014

DEGRADACIÓNS MENTAIS, VERGONZAS XUDICIAIS


              Creo que non hai moito tempo que escribín sobre os abusos sexuais entre familiares, que penso que xa é a degradación da dexeneración mental de calquera persoa. Pois ben, agora, a maiores das degradacións mentais asoman as novas das vergonzas xudiciais e referidas ó mesmo tema dos abusos sexuais entre familiares. Resulta que a xustiza tan só lle impón oito e dez anos de cárcere a dous cuñados por abusar sexualmente cada un da filla do outro, alá polos anos 2007 e 2008. A agresión sexual é en por si xa un acto deplorable e degradante que merece polo menos media vida de cárcere para o agresor, pero que uns pais se aveñan a que lles violen ás fillas de tan só seis e sete anos, é unha humillación, unha degradación tan repugnante que, a un servidor, lle produce risa os poucos anos ós que foron condenados. E a nova xornalística, segundo o meu punto de vista, dá a entender que as nais das cativas sabían ou polo menos intuían o que acontecía e, non obstante, foron absoltas. Non me estraña que ás veces pensemos que a xustiza usa distintas varas de medir para implantar condenas que claman ó ceo. Os abusos sexuais a menores e dentro da mesma familia case ou sen case merecen a mesma condena cás de calquera asasinato.

              Café Paco Paz de Ourense. Venres, 21 de febreiro de 2014

              Finca Fierro. Sábado, 22 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario