jueves, 13 de febrero de 2014

FADO ALEXANDRINO




              Onte pola tarde (12-02-2014), acabei de ler “Fado alexandrino” (1983), do portugués António Lobo Antunes (tradución de Mario Merlino), do que penso que non teño lido nada. E este, a verdade, é que me cansou un chisco, pero non de aburrimento, senón do traballo que levei para lelo. O tío mestura todo... mestura diálogos, mestura frases, mestura situacións, mestura parágrafos. Carallo, que complicado era seguilo nas 648 páxinas! Pero si escribe ben. É máis, teño tres libros máis del anotados para lelos e, polo menos, outro penso facelo, a ver se se asemella ou non a este que rematei

              CONTRAPORTADA:

              Publicado en España por primeira vez en 1992, “Fado alexandrino” apareceu en Portugal en 1983. Trátase, polo tanto, dunha das primeiras novelas do seu autor, á que lle seguirían “Auto dos condenados” (1985) e “As naves” (1988). Estruturada en tres partes ben delimitadas, esta novela vai debullando as andanzas dun grupo de militares: un tenente coronel, un alférez, un oficial de transmisións e un soldado, que se xuntaron nun bordel para falar dos vellos tempo en Mozambique e de cómo lles foi desde entón. Desta maneira reflexiónase sobre a evolución de Portugal durante uns períodos cruciais da súa historia, a través de catro puntos de vista diferentes, calibrados pola personalidade, a formación e o nivel económico de cada un dos protagonistas.

              SOLAPA DA CONTRAPORTADA:

              “António Lobo Antunes –quizais o artista máis importante e orixinal con que conta hoxe a novela no mundo- persiste e asina de novo o seu último libro (...) imperturbable a todos os cambios que se suceden ó seu arredor, enfrascado ata a exasperación nunha escritura que o “abduce” (non encontro outra palabra) por enteiro.”
                                                                         Rafael Conte, El País

              “A extraordinaria escritura de António Lobo Antunes recórdanos unha vez máis que o home é fillo do azar e non coñece outro destino que a infelicidade.”
                                                                         Rafael Narbona, El Mundo

              “António Lobo Antunes é un escritor de sangue quente con empatía suficiente para detectar as contradicións dos sentimentos humanos.”
                                                                         The New York Times

              SOLAPA DA PORTADA:

              António Lobo Antunes naceu en Lisboa en 1942. Tras estudar a carreira de Medicina, serviu no exército portugués durante a guerra de Angola. A súa experiencia vital durante ese período marcou o seu destino e a súa carreira posterior. Tras o seu regreso a Lisboa, e despois de abandonar a profesión de psiquiatra, Lobo Antunes dedicouse a desenvolver unha carreira literaria de extraordinaria brillantez e ambición. É considerado por moitos críticos do mundo enteiro como un dos escritores vivos máis importantes en calquera lingua, ademais de ser un dos máis firmes candidatos á obtención do premio Nobel de Literatura.

              “Fado alexandrino” (1983) é a quinta novela dunha vasta obra na que destacan títulos como “Memoria de elefante” ou “Exhortación ós crocodilos”, que lle valeu o Gran Premio de Novela da Asociación Portuguesa de Escritores, en 1999. Lobo Antunes tamén recibiu o premio Rosalía de Castro do PEN Club galego, o Premio de Literatura Europea do estado austríaco e, a finais de 2003, o premio da Unión Latina de escritores con “Boas tardes ás cousas de aquí abaixo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario