miércoles, 5 de febrero de 2014

BÚSCAME ONDE NACEN OS DRAGOS




              Onte, 04-02-2014, acabei de ler “Búscame onde nacen os dragos” (Búscame donde nacen los dragos), de Emma Lira. Foron 523 páxinas que, realmente, non me gustaron moito. Semella que está escrito para adolescentes de 15 a 20 anos, sen moito estilo e cunha historia que non me atrae e que incluso cansa.. E a linguaxe... a linguaxe é de neniña romántica que me fai aflorar un sorriso, pero de pena.

              CONTRAPORTADA:

              Marina, unha periodista madrileña que acaba de sufrir unha ruptura amorosa, decide abandonar a cidade e intentar comezar de cero en Tenerife.
              Pero o destino ten outros plans para ela: un antigo xacemento arqueolóxico descuberto na finca en que se aloxa poraa sobre a pista do segredo mellor gardado dos nativos da illa, os guanches.

              SOLAPA DA PORTADA:

              Unha colección de ósos infantís ocultos durante anos no caixón dun museo, un alfabeto esquecido gravado nunha táboa pequena de pedra, unha escavación arqueolóxica tras a que subxace unha trama internacional de tráfico de antigüidades. Todo isto e máis atopará Marina á súa chegada á finca tinerfeña de Tamadaya, na que se refuxia tras unha ruptura sentimental. Alí, hai tempo tivo lugar unha asombrosa descuberta arqueolóxica que, agora, corenta anos despois, ameaza con sacar á luz unha historia sepultada durante séculos.
              Necesitada de algo ó que aferrarse, Marina non pode evitar sentirse arrastrada por ese misterio e decide embarcarse na investigación da identidade deses restos: a quen pertenceron? Por que acabaron alí? Inmersa nunha historia trepidante que espertará todas as súas emocións, Marina enfrontarase ó segredo mellor gardado da arqueoloxía guanche.

              SOLAPA DA CONTRAPORTADA:


              Emma Lira. Nacín en Madrid, en 1971. Din que aprendín a contar historias antes que a lelas, e que en canto as puiden plasmar en palabras, souben que quería escribir. Estudei Periodismo, traballei en algún xornal nacional, en becas de distinto prestixio, e acabei recalando no marketing. Decidín establecerme pola miña conta cando descubrín que ademais de escribir, quería viaxar e necesitaba tempo para combinar ambas cousas. Así realicei reportaxes, dirixín revistas corporativas e licencieime como escritora de guías de viaxes para Lonely Planet, pero tamén crucei o Círculo Polar Ártico, atravesei o muro do Sáhara occidental, aterrei no deserto como copiloto dun ultralixeiro, crucei media África nun coche escangallado e atravesei por terra Europa Occidental, Turquía, Siria e Xordania ata chegar a Curdistán... Cada viaxe enchíame de paisaxes, persoas, historias e vivencias. Algunhas reciclábaas no meu traballo e outras almacenábanse na espera dun momento que nunca chegaba. Quizais por iso o atopei onde menos o imaxinara: tras o estalido da crise. Menos traballo, menos diñeiro, menos viaxes... unha ocasión perfecta para dedicarme a escribir a novela que soñaba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario