martes, 11 de febrero de 2014

TRAXE SEN VERGONZA


              Teñen tan asumido o seu poder e un traxe sen vergonza polo que lle esvaran as críticas, que non lles importa ostentar esa autoridade e chegan a facelo incluso con sorrisos de Profiden. E nos tempos nos que estamos deberían disimular un chisco. Pero nin iso. As diversas fotos de tantas e tantas autoridades que asistiron á gran festa de Xantar na cidade de Ourense, doen abondo. Teñen dereito a comer ben e incluso a gozar da comida e da xuntanza, pero se disimularan un chisquiño, sen tanta foto nin tanta ostentación, seguro que ninguén se metía con eles. Pero a súa vergonza brilla pola súa ausencia e nesta crise que nos está afogando e da que non nos saben sacar, van de chulos e saborean e brindan e sorrín diante dunhas cámaras para reflectir un “aquí estamos nós”, “coa nosa presenza, estes acontecementos publicitan a nosa terra polo mundo adiante”. E unhas cantas familias, nestes momentos, deixan as súas casa por falta de pagamento. O xantar deles pagámolo nós. Ó mellor ata pensan que nos pensamos que o pagan das súas carteiras. Inocentes, eles. Parviños, nós.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 10 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario