miércoles, 19 de febrero de 2014

COA BATA E EN ZAPATILLAS


              Un lector de xornais de Castro Caldelas queixouse na sección de Cartas ó Director de que agora os funcionarios ganan o soldo sen saír da casa, coa bata posta e en zapatillas. E ten toda a razón do mundo, pero escribe ou fala tan á lixeira que mesmo semella que somos todos os funcionarios os que nos quedamos na casa. Non pensou para nada neses traballos que si se poden realizar desde un ordenador caseiro, nin moito menos neses funcionarios que o axudaron a vir a este mundo ou que axudarán ós seus fillos ou netos, nin neses funcionarios que, oficialmente, lle deron un nome. Non todos os funcionarios traballamos na casa. E se non que se achegue ó seu concello ou á súa Oficina Agraria Comarcal, por exemplo, e aí verá se o atendemos ou non. Tamén critica a música ambiental. Imaxino que se referirá á das oficinas. E digo eu, que terá que ver a música co traballo ou coa atención ó público? Eu precisamente traballo moi a gusto coa música e atendo os paisanos con bailes nos meus ollos, porque me gusta atendelos.


              Café Paco Paz de Ourense. Mércores, 12 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario