jueves, 20 de febrero de 2014

CAFÉ MANCHADO NA CUNCA PEQUENA


              Rápido coma unha chispa, coma un lóstrego. Quen? O camareiro. Nin tan sequera pedín. Viume entrar pola porta (especifico porque alguén pode pensar que entro por unha ventá ou polo faiado ou por medio dun butrón) e cando me sentei á mesa pousou enriba da mesma o meu cafeciño. Xa nunca pido porque sempre é o mesmo: café manchado na cunca pequeniña. Como en algúns bares ou cafetarías non entenden por pequeniña (pensan que é a normal, pois enténdese que a grande é a dos almorzos), teño que aclarar: café manchado na cunca do cortado. Agora si o pillaron. E nunca pido porque nunca bebo un refresco, nin tan sequera unha auga e moito menos alcohol (fun toda a vida abstemio), sempre café. Empecei co café con leite, pero como me era moita cantidade, paseime ó cortado. Logo, como tomaba moitos, paseime ó manchado para que así, en conxunto, non fose tanto café cargado. Levo uns anos que en Baños de Molgas tomo descafeinado. Pero dunha maneira ou doutra, o café sempre está polo medio. É o meu vicio.


              Café Oren Express da Valenzá. Mércores, 12 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario