jueves, 6 de febrero de 2014

AS VOLTAS DA TORTILLA


              O tempo pon a cada un no seu lugar. E non é necesario que transcorra moito para decatarnos dos erros que cometemos. Non hai moito que puñamos a parir ós moros, sudacas, rumanos e negros porque nos invadían e nos quitaban os traballos e demais servizos. Agora, hoxe en día, dóenos que Bélxica expulse a 300 españois por ser unha carga para o seu Estado. E, como non, criticamos tal decisión. Somos un país de contradicións; criticando á xente que busca traballo sen pensar nos nosos compatriotas que se largaron para, primeiro, as Américas e, logo, para Suíza, Francia e Alemaña. Quixemos darlle a volta á tortilla, pero como toda boa preparación da mesma, hai que seguir dándolle máis voltas. Mentres viviamos na época das vacas gordas trepabamos, esmagabamos ós que arriscaban a vida nas pateras. Agora que vivimos na época das vacas fracas, amólanos (falando claro, fódenos) que nos denigren, que nos esmaguen coma vermes. A ver se entendemos que non hai vermes europeos nin africanos; que os vermes son todos iguais.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 3 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario