miércoles, 19 de febrero de 2014

ANIMAL KINGDOM / O SOLDADO DE DEUS




              O luns, 17-02-2014, vin pola segunda canle de TVE e en versión orixinal subtitulada a película “Animal Kingdom” (2010), de David Michôd; con James Frecheville, Ben Mendelsohn, Guy Pearce, Jackie Weaver e Joel Edgerton. A música é de Antony Partos.
              Auténtico drama cunha agresividade que se nota no ambiente, vibrante e cunha atmosfera seca que non sabes cómo vai acabar cada escena. Resumindo: marabillosa!
              O filme acadou varios premios en diversos festivais e a  Jacki Weaver nomeárona ó Oscar como actriz secundaria. A verdade é que a súa presenza déixache unha certa inquietude no corpo.







              E onte, martes, 18-02-2014, despois de acabar o partido Manchester City – Barcelona (0-2), vin pola Sexta, e tamén en versión orixinal subtitulada, “O soldado de Deus” (2011), de Marc Forster; con Gerard Butler, Michelle Monaghan, Kathy Baker, Michael Shannon, Madeline Carroll e Souleymane Sy Savane. A música é de Thad Spencer.

              Debido ó tema que trata (o rescate de nenos orfos e de nenos-soldado nas zonas máis perigosas de Uganda e Sudán), queda un sabor na boca un pouco triste, pero imaxinando o que podería ser esta películas nas mans doutros cineastas. É dicir, moita tristura para unha regular película.

No hay comentarios:

Publicar un comentario