martes, 4 de febrero de 2014

GOCE NO PENSAMENTO, HARMONÍA NO CORAZÓN


              Hai chamadas telefónicas que emocionan, que enchen de orgullo. Teño un fillo que se chama Alán. Teño unha sobriña que se chama Iria. A sobriña que se chama Iria está preñada. Un día déuselle por chamarme, toda apuradiña, para pedirme permiso para o uso do nome Alán, é dicir, que lle quería chamar ó seu carrouchiño Alán. E noteina un pouco coitada, case con medo á miña negativa. Tardei un chisco en contestarlle porque notaba algo húmido nos ollos coa emoción. O detalle do nome do meu fillo, máis o detalle de consultarme (e ser o primeiro en sabelo!, xa que nin ós seus pais llo dixeran) foi algo así coma un nó na gorxa e coma un goce no pensamento. Non tiña nin porqué consultarme (o nome dun cativo téñeno que escoller os pais; nin avós, nin padriños, nin rabo de gaitas). Pero fíxoo e iso encheume de orgullo. Logo, con máis parsimonia, xa pensas nese nome céltico na boca dos madrileños (os futuros pais son de alá e viven alá) cando chamen polo rapaz. A harmonía (significado do nome) dos, agora, dous cativos xa se deitou no meu corazón. Grazas, sobriños.


              Café Oren Express da Valenzá. Xoves, 30 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario