viernes, 7 de febrero de 2014

ACORDES NÁUFRAGOS




              Hoxe, a primeira hora da mañá, rematei de ler o libro galego “Acordes náufragos” (2013), de Antón Riveiro Coello. Libro moi curtiño (tan só 138 páxinas) a base de relatos fantásticos (nove) pero cheos de sentimentos. Realmente, o escritor limiá escribe ben de carallo.

              CONTRAPORTADA:

              “Acordes náufragos” é un libro de relatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tratos dunha nena con Valle-Inclán. Relatos todos eles que ofrecen unha visión imaxinativa e sensible de seres solitarios, anainados polo pano de fondo dunha música que, coma unha orquestra líquida, ergue unha voz fonda, abisal, capaz de chegar ós lugares máis ocultos dos soños.

              SOLAPA DA PORTADA:


              Para saber de Antón Riveiro Coello remítovos ó relato que escribín onte sobre a súa novela “As rulas de Bakunin”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario