lunes, 24 de febrero de 2014

MEMORIAS QUE VIAXAN


              Bailo na punta dun pé e pido solucións a unha pedra que rachou. As pedras tamén rachan. Cala o home, fala o vento, berra o silencio. As persoas, cando outras non aran para a súa vaidade, vólvense parvas do cu e cospen palabras ou definicións que non teñen lóxica. As persoas, hoxe en día, a maioría delas, no noso país, son aínda máis fascistas que o propio fascismo. É igual; acabarán morrendo coma todos os santos. Por dicir algo. Non creo que, hoxe en día, no noso país, haxa moitos santos. Fan falcatruadas, sorrín con chulería, séntense intocables. Morrerán igual. Seguro! Canto no alto dun carballo e furo nos recantos da memoria. Hai memorias que viaxan ata as cunetas dos camiños, onde os mortos asomaban polas mañanciñas e onde a conciencia era de cor negra. Coidadiño!; poida que volvan os mortos daquela cruzada fascista. Parafusos que rachan ferros, angazos que envolven miseria, soños que morren cunha realidade actual e negra, moi negra. As persoas somos malas por natureza.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 17 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario