viernes, 14 de febrero de 2014

NOS REGOS DOUTROS


              O que eu digo sempre: que fan as falcatruadas e, despois, ante as acusacións, escapan pola estrema e, a maiores, intentan lavarse as mans coma Pilatos. O alcalde de Xinzo, tras non sei cantas imputacións e algunhas condenas pola súa política de persoal, sae pola tanxente coa seguinte declaración: “É lóxico que saia contratada xente do PP porque en Xinzo ten moitos máis afiliados”. E porque son máis listos e máis riquiños e máis agudos, non si? Home claro! Logo, coma Pilatos, lava as mans e ataca ó ex-secretario. Xa sei que en moitos concellos é certo que case quen fai e desfai é o secretario correspondente, mais ese case é o que os exime un chisco de todo, pois quen ten sempre a última palabra, ou sexa, a última sinatura é o alcalde. Pero claro, aquí xa todos intentamos facer como a infanta Cristina... que alá o seu home e que ela nin idea de nada. É dicir, alá o ex-secretario e alá a listura e a cantidade dos peperos limiás. O caso é seguir; que as falcatruadas xa se sementarán nos regos doutros.


              Café Paco Paz de Ourense. Martes, 11 de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario