jueves, 9 de enero de 2014

A MEDRA DOS PROXENITORES


              “Os pais medran despois de morrer”, opinión de Carlos Mella no seu libro Memorias dun ninguén. E canta razón ten! Ás veces xa medran incluso cando non se defenden por si mesmos. Porque pensas que é incrible que, despois do que fixeron por un, non se desenvolvan como antano. É neses pensamentos cando os proxenitores se agrandan e cando entendes realmente o significado do amor de pais a fillos. Ata eses momentos, eran uns simples pais que miraban por ti porque era lei de vida, incluso algunhas veces che daba un pouco de rabia que estiveran sempre tan encima dun, tan pendentes dun. Agora, cando non poden mirar por ti ou cando faltan, é cando realmente os botas de menos. Agora entendes as súas loitas, os seus sacrificios. E iso sen poñerme a analizar os tempos nos que viviron, nin a situación, nin o país. Dicir que se arrastraron por un é pouco. Espero, confío e desexo que saiban que, despois de mortos, medran a máis non poder. Creo que o saben.


              Café Paco Paz de Ourense. Mércores, 8 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario