martes, 14 de enero de 2014

CLEANER



     Onte vin pola Sexta 3, e en versión orixinal subtitulada, a película "Cleaner" (2007), de Renny Harlin; con Samuel L. Jackson, Ed Harris, Eva Mendes, Luis Guzmán e Robert Forster. A música é de Richard Gibbs.
     Pódese dicir que vin esta película sen saber que existía, sen saber de quen era e sen saber de que ía. Recoñezo que, despois, cando vin o nome do director, fóiseme a alma ós pés; temía o peor. Menos mal que axiña se me aliviou un chisco a decepción cando lin o nome de Ed Harris, un dos mellores secundarios (ou sexa, dos mellores actores) existentes hoxe en día no cine mundial. Tampouco me desgusta nesta película Samuel L. Jackson. E a fermosura de Eva Mendes sempre é un pracer para os ollos. O filme é o típico thriller cun final que xa se ve vir desde a metade da cinta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario