miércoles, 15 de enero de 2014

ASALTO Ó DISTRITO 13




O martes, 14-01-2014, vin pola Sexta e en versión orixinal subtitulada a película “Asalto ó distrito 13” (2005), de Jean-François Richet; con Laurence Fishburne, Ethan Hawke, Maria Bello, John Leguizamo, Gabriel Byrne e Brian Dennehy. A música é de Graeme Revell. A película é un remake de “Asalto á comisaría do distrito 13” (1976), de John Carpenter, que á súa vez estaba inspirada en “Río Bravo” (1959), o gran clásico de Howard Hawks. A que vin onte... pssss, nin fu nin fa, ou o que mellor podo dicir dela é que é o típico produto para pasar o tempo nunha noite de inverno, co aliciente de que sinto unha certa debilidade por Maria Bello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario