miércoles, 22 de enero de 2014

DOEN OS SENTIMENTOS


              A típica broma de cando un está lendo un xornal é aquela que di ”qué, cantas mentiras conta”. Poida que algunha vez solten algunha que outra argallada. Pero tamén é certo que, por pouco que busques, sempre atopas unha nova que chama a atención, ou ben que te fai rir ou ben que manca, que doe de raio. “Volve ó club ou pago 500 euros para que che rompan as pernas”, díxolle o encargado dun club lugués a unha prostituta que traballaba para el. E díxollo no servizo de urxencias onde acudira ela, enferma do ril. Que forte! 500 euros para que lle rompan as pernas. A el había que romperlle agora a alma! Logo de enganalas para que viaxan ó noso país, explótanas a máis non poder. Aínda que, segundo un siga lendo, volven doer os sentimentos cando ves as declaracións de algunhas apoiando ós seus explotadores: “aínda que semella un home duro, ten un gran corazón; sempre presta diñeiro a quen lle fai falta”. O medo ou a necesidade séguenas atando ante esa presunta caridade.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Mércores, 15 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario