sábado, 11 de enero de 2014

UN FASTÍO E UNS LADRÓNS


              Non hai maneira! Cada vez estou máis convencido de que as críticas non valen para nada, de que quedan en auga de bacallau. Hai tempo critiquei o espazo que lle dedicaban os medios de comunicación ó caso do asasinato da nena Asunta. Repito, hai tempo xa. Pois ben, o tema aínda segue, e segue, e segue. Estou farto de Rosario Porto, de Alfonso Basterra e, que Deus me perdoe, da nena Asunta. Todos os días, un detrás doutro, dúas ou tres páxinas co mesmo tema. Xa teño ganas de que acabe todo e de que condenen a quen teñan que condenar. E que algún xuíz bondadoso condene tamén ós medios por bombardearnos con tanto morbo. A min tamén, por suposto, pois estou contribuíndo a que se siga falando do asunto. Prometo que a partir de xa! non volvo tocar o tema.
              Agora, como se adoita dicir, “a otra cosa, mariposa”. Suíza. Suíza é un país bonito que os galegos, por desgraza, coñecen ben e España, por sorte, tamén a coñece ben. Os galegos, pola emigración. E España… España porque está poñendo a Suíza rica coas súas contas. Cada día asoman máis e máis ladróns que teñen grandes contas no país helvético. Ladróns que acumulan os seus capitais á costa dos pombos, que somos nós. Tranquilos, pagarán unha pequena multa ou serán indultados. Máis ou menos é igual.


              Café Paco Paz de Ourense. Venres, 10 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario