lunes, 20 de enero de 2014

CINE NA MEMORIA COLECTIVA


              Bebe o pardal da auga que non debería beber e Fred Astaire baila un tango na punta do seu pé dereito. Cada paso de baile é coma un tiro de pistola nunha película de debuxos animados. Tan só John Ford era tres veces John Ford na boca de Orson Welles. Quen era Orson Welles? Bailan as teclas do teclado porque Glen Ford se encarga de batelas, de golpealas coma se fosen as meixelas de Rita Hayworth. Quen era Margarita Carmen Cansino? Quedan os revólveres botando fume nunha do Oeste, porque os sete magníficos optaron por impartir xustiza onde non había xustiza. Que pena que en España non exista nin tan sequera un magnífico. O coiote corre detrás da dilixencia na que viaxa un mociño chamado John Wayne que ía na procura dun ducado... e atopouno. Mira que ser o Duque! Hai cine na memoria colectiva dun grupo de cinéfilos que miran unha pantalla grande e branca para soñar imaxes que se pegan na memoria. E Richard Burton bica a Elizabeth Taylor para sempre.


              Café Brétema da Valenzá. Martes, 14 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario