viernes, 24 de enero de 2014

UN SERVIZO CRITICADO


              Algúns políticos pensan que con facer cousas chega para gabar os seus intereses e amólalles que alguén critique as súas obras. Un alcalde da nosa provincia queixouse ante as críticas que recibira dun colectivo Pro Animais, porque denunciaron a falta de controis nunha canceira. “Primeiro esixíase este servizo e agora que o hai, critícase”, foron as súas palabras. Ten toda a razón do mundo. Ou non. Porque, se efectivamente acontece o que se denuncia, de pouco vale facer algo se non vai servir para moito. Pódense facer obras, actividades, pero se se fan mal... é cometer o erro por dúas veces (xa que habería que rectificalo). Podemos pedir unha ponte sobre un río, mais se construímos unha pasarela, entenderanse as críticas, non si? Xa sabemos que é moi fácil criticar, porén, cando o facemos, penso que por algún motivo será. E ninguén se pode escudar nos actos ou nas obras realizadas, se esas mesmas están mal feitas. Ás veces, por cumprir con algúns, condenamos ós outros. Se esiximos un servizo será para que este funcione.


              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 20 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario