jueves, 23 de enero de 2014

ENTRETIDO PERO CANSO


              Cansado. Traballando desde as once e pico da mañá ata as cinco da tarde. Só parei un chisquiño para xantar un bocadillo na propia finca. É a primeira vez que xanto na Costa da Gándara. Iso fíxome lembrar a infancia, de cando iamos á sega da herba á parcela do Medo; levabamos o xantar porque a parcela estaba a tres quilómetros de Baños de Molgas e, claro, entre ida e volta perdíase moito tempo. Ah si, é que antes segábase coa gadaña, e levaba o seu tempo. Hoxe tan só andei espichando estacas e atándolle, logo, os arames. Chegoulle ben o que padecín; levo unha semana cunha costela rota e ás veces doía, vaia se doía!. Andei só todo o tempo. Perdón, coa música e cunha parella de cans: o Rufo e a Nea. A música é a que máis me entretén. Que sería de min sen a música! Cando me ven cos auriculares, dinme se escoito a radio. Que va! Popurrí de cantantes e cancións, de grupos e de bandas sonoras; desde Sabina ata Pink Floyd, desde Verdes são os campos ata Érase unha vez en América. Entretido pero canso.


              Café Paco Paz de Ourense. Venres, 17 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario