jueves, 9 de enero de 2014

MIQUIÑO MEU

          



          Onte acabei de ler o libro “Miquiño meu´. Cartas a Galdós”, de Emilia Pardo Bazán. Edición de Isabel Parreño e Juan Manuel Hernández. Editorial Turner Publicacións, SL, 2013.
            Foron 223 páxinas de amena lectura e cunha historia de amor que non imaxinaba da Pardo Bazán. Especialmente simpáticos os diminutivos con que se dirixía ó seu amante Galdós. Bonito libro.

              CONTRAPORTADA:

              “Miquiño meu”.
             “Meu ilustre mestre e amigo”, escribe Emilia Pardo Bazán a Benito Pérez Galdós en 1883. “Querido e respectado mestre”, un ano máis tarde. “Amigo querido”, en 1886, asinando “son de vostede amiga, admiradora e compañeira” trinta e tantas cartas despois. “Miquiño meu da alma” dille en maio de 1889, avisándoo de que o sábado seguinte poderá “bicar a miña escultural `geta´ galega”, se se atopan por causalidade. Un ano máis tarde, xa Galdós pasou a ser o seu “caro roedor literario” e, ben entrado o século seguinte, asina aínda as misivas “a súa invariable amiga Emilia”.
              Máis de 90 cartas escritas en 32 anos contan a amizade, o amor e a admiración entre dous xenios do seu tempo, que compartiron coitas creativas, avatares editoriais e algunha escapada ocasional. Unhas cartas nas que a personalidade de Pardo Bazán –apaixonada, clara, guerreira, maternal- brilla tanto como o seu dominio da linguaxe, a súa graza e a súa orixinalidade.
              Todo un festín para amantes da literatura, espíritos románticos e cotillas literarias de onte e de hoxe.

              Con prólogo, cronoloxía e notas.
              Inclúe reproducións de cartas e fotografías.

              SOLAPA DA PORTADA:


              Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña en 1851. Casada ós dezasete anos e nai axiña de tres fillos, separouse do seu home na trintena e desde entón loitou por vivir do seu traballo literario. Ganou fama como conferenciante e cronista, gozou do gran éxito da súa novela “Os pazos de Ulloa” e relacionouse cos mellores talentos da súa época, pero nunca acadou a súa gran ilusión de entrar na Real Academia e tivo que enfrontarse a polémicas, desprezos e difamacións. Feminista precoz, fundou en 1892 a colección “Biblioteca da Muller”. Morreu en 1921, un ano despois que o seu “miquiño adorado”, Benito Pérez Galdós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario