viernes, 10 de enero de 2014

LIBROS POR TODOS OS LADOS


              Outro máis. Fara Alegre Servilleta acaba de ler outro libro máis da súa propia biblioteca. Non sabe se algún día conseguirá rematar todas as lecturas da mesma. Centos de libros, miles de libros apousentan nos estantes do salón, nos estantes das cinco habitacións que ten a casa e incluso nun estante que hai na propia cociña. Na terraza hai caixas cheas de libros. No cuarto de baño ten dous ou tres “para as ocasións”. Fara Alegre Servilleta adoita ler tombada no sofá, polo día, e na cama, pola noite (négase a instalar unha televisión na habitación). Sempre está lendo. Ata polas mañás na propia oficina cando non ten traballo. Aínda que o máis estrambótico desta afección súa a ler desenvólvese en algúns semáforos da cidade na que vive. Sabe daqueles semáforos que se eternizan un chisco ou un moito e, como leva sempre no coche algún libro, devora algún que outro parágrafo na espera. Fara Alegre Servilleta colle un novo tomo e empeza, sen máis dilación, a súa lectura.


              Café Paco Paz de Ourense. Mércores, 8 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario