sábado, 25 de enero de 2014

POÑÉNDOLLE O RABO ÁS CEREIXAS


              O gran artigo das portadas dos periódicos sabemos todos que, xeralmente, versa sobre a política. Mais esta semana (en concreto, o venres), o fútbol desprazou a outros asuntos, e non por triunfos, senón por… ladroízos?, por enganos?, por falsidades? A dimisión do presidente do Barcelona poida que pillase por sorpresa a tantos e tantos afeccionados, fosen culés ou incluso inimigos, pero, por todos os Santos!, xa era hora de que Facenda, a xustiza ou quen sexa empecen a meter man nun dos maiores espolios do noso país. Gústame a fútbol, incluso penso que son un fanático do fútbol, pero cando te decatas de todo o que está a ocorrer en todo o seu entorno (e economicamente falando), entón exclamas un quieto parado!, para rematar buscándolle tres pés ó gato e desexar que alguén  poña firme ó gran neno bonito da nosa sociedade. E semella que, ben por denuncias, ben por iniciativas, alguén quere penetrar por esas fendas que, quéirase ou non, sempre quedan cando as cousas se fan polas agachadas. Penso que o mérito da gran noticia non está na dimisión de Sandro Rosell, senón que por fin (dunha ou doutra maneira) alguén intenta poñerlle o rabo ás cereixas. Non é de recibo que os clubs deban a tira e máis ou que fagan contratos que son auténticas falcatruadas, mentres paisanos de a pé son desafiuzados ó mellor por catro cadelas.


              Café Oren Express da Valenzá. Venres, 24 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario