jueves, 9 de enero de 2014

O SEÑOR DOS ANEIS



                  Aquí están... as tres,  a triloxía. Durante uns días, os rapaces e máis eu vimos a triloxía de “O señor dos aneis”. Digo durante uns días porque eles non aguantaban as tres horas de cada película, principalmente Xoel, que sabía que se as vía enteiras, non tiña, logo, tempo para xogar coa súa Xbox. Eu xa as teño visto (en versión orixinal subtitulada), pero foi Xoel o que quixo velas porque ve que todos os seus compañeiros falan dos personaxes e el séntese perdido ante tanto nome.
              Que dicir desta triloxía... a primeira (“A comunidade do anel”) 4 Oscars; a segunda (“As dúas torres”) 2 Oscars; e a terceira (“O retorno do rei”) 11 Oscars. Triloxía máxica, espectacular, asombrosa. Espectáculo puro.

                   Dirixidas por Peter Jackson e interpretadas por unha morea de actores: Elijah Wood, Ian McKellen, Viggo Mortensen, Sean Astin, Sean Bean, John Rhys-Daves, Orlando Bloom, Dominic Monaghan, Billy Boyd, Cate Blanchett, Hugo Weaving, Liv Tyler (fermosísima), Ian Holm, Christopher Lee, Andy Serkis, Miranda Otto, Karl Urban, Brad Dourif... A música é de Howard Shore.

No hay comentarios:

Publicar un comentario