domingo, 19 de enero de 2014

O ANIVERSARIO SECRETO




     Á media tarde do domingo, 19-1-2014, rematei de ler o libro "O aniversario secreto" (El cumpleaños secreto), que Kate Morton escribiu en 2013. Non é por nada, pero foron 476 páxinas de auténtico pracer e cun final cheo de sorpresas. De verdade que me gustou.

     CONTRAPORTADA:

     "Máis tarde, Laurel preguntaríase se todo sería diferente de acontecer un chisco máis amodo. Se, quizais, puidera evitar ese suceso horrible de ser máis coidadosa. pero non o foi, e non o evitou. Ía a toda présa e por iso sempre se culparía a si mesma do que ocorrería a continuación."

     SOLAPA DA PORTADA:

     1959

     Nun caloroso día de verán, mentres a súa familia se vai de pícnic ó arroio da súa granxa en Suffolk, a adolescente Laurel acóchase na casa da árbore da súa infancia, fantaseando cun rapaz chamado Billy, unha fuxida a Londres e un futuro grandioso que agarda con impaciencia. Non obstante, antes de que esa tarde idílica chegue á súa fin, laurel será testemuña dun horrendo crime que o cambiará todo.

     2011

     Sendo xa unha actriz célebre, Laurel verase abafada polas sombras do seu pasado. Asexada polos recordos e o misterio do que viu aquel aciago día, volve ó fogar familiar e comeza a desenlear cada recanto da súa memoria na procura daquela historia. Unha historia que fala de tres descoñecidos procedentes de mundos moi diferentes -Dorothy, Vivien e Jimmy- que coinciden en Londres dos anos da Segunda Guerra Mundial, e cuxas vidas quedarán unidas de forma funesta e inexorable.

     SOLAPA DA CONTRAPORTADA:

     Kate Morton naceu en 1976 en Berri, Australia, e é a maior de tres irmás. Viviu de pequena coa súa familia en Tamborine Mountain, onde asistiu a unha pequena escola rural. Licenciada no Triniy College London, asistiu a un curso de verán sobre Shakespeare na Real Academia de Arte Dramático en Londres. Posteriormente, graduouse en Literatura inglesa pola Universidade de Queensland, e completaría a súa formación cunha tese sobre a traxedia na literatura victoriana. Se ben se consagrou ó estudo dos elementos góticos na narrativa contemporánea, Kate Morton obtivo un fenomenal éxito de ventas coas súas novelas, "A casa de Riverton" (2006), "O xardín esquecido" (2008) e "As horas distantes" (2010), que foron publicadas en case corenta países. "O aniversario secreto" é o seu libro máis actual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario