martes, 28 de enero de 2014

PROVOCACIÓN ESTRAFALARIA


              Aquí en Galicia todos sabemos da procura dos votos cando se presentan unhas eleccións, é dicir, buscalos incluso debaixo das pedras, ou sexa, de cociña en cociña e de patio en patio cos seus postes de luz. Pero tamén os hai (incluso fóra de Galicia) que, aínda non buscando votos, tratan de todas as maneiras de prexudicar ó contrario para que a xente are para o seu rego. E usan formas autenticamente estrafalarias. Así, o gobernador de Nova Jersey seica ordenou provocar atascos de tráfico para prexudicar a un alcalde demócrata. Era a gran esperanza republicana para as eleccións presidenciais do 2016. Agora, claro, esa esperanza foi ó tacho. (Por certo, en Estados Unidos dimiten; aquí, a maiores de provocar atascos, ata picarían as rodas dos coches, xa que sabemos que en España non dimiten nin os imputados). A verdade é que pensándoo friamente, ata fai un pouco de graza a forma que tivo o homiño de amolar ó alcalde; nin mitins nin aparición nos medios, nin nada semellante; atascos que é algo que desespera moito.


              Café Paco Paz de Ourense. Martes, 21 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario