jueves, 30 de enero de 2014

O TREN PASA PRIMEIRO




              Acabo de rematar o libro “O tren pasa primeiro” (2005), de Elena Poniatowska. A verdade é que se me fixeron amenas as 506 páxinas das que consta. Nelas retrátase moi ben parte da historia de México e da loita dunha persoa polo ben dos demais.

              CONTRAPORTADA:

              “Tiven fame e frío, sentín que ningún lume, ningunha aperta me quentarían, pero sei que se un só home loita e non se deixa morrer, a vida vale a pena”

              Este era un home que naceu nun pobo do sur de México. Nunca sairía del, pero un día o tren pasou fronte ós seus ollos e no ruído desa máquina escoitou o relato da súa vida; soubo o porqué da indomable ansia de saber que o empurraba sempre máis alá dos seus límites. E en efecto, a Trinidad Pineda Chiñas, o persoeiro central desta novela, o tren levouno a todo: a lugares que nunca imaxinou, a incontables saberes, oficios, persoas, posibilidades e, sobre todo, ó instante en que lles falou ós seus compañeiros ferroviarios con tal ardor e convicción que os converteu en vangarda da loita dos traballadores. E puxeron de cabeza ó país e ó réxime.

              O tren é a vida. E se ser ferroviario é asunto de homes, ningún deles é nada sen as mulleres. Nais, esposas, mestras, amantes, rieleiras, transitan por estas páxinas con poderosa presenza, coa forza inabarcable que latexa dentro de cada unha. Son o que os homes non alcanzan a ser, ou nin sequera imaxinan.

              SOLAPA DA PORTADA:


              Para saber a vida da escritora Elena Poniatowska, remito ó lector ó relato titulado LEONORA

No hay comentarios:

Publicar un comentario