jueves, 16 de enero de 2014

DEREITO DE PERNADA


              Antes tiñan dereito de pernada e agora téñeno... de que o teñen?, dereito de mangantes?, de ladróns? Estase a debater se a princesa Cristina de Borbón ten que percorrer a pé os corenta metros que seica hai para entrar ó xulgado. Semella que hai dúas entradas. Semella que a de a pé é a do escarnio, a do populacho. E claro, unha princesa non é calquera cousa; os seus delitos bendíceos Deus, a igrexa e o propio Goberno, que é o que máis insiste en que non é merecente de tal mofa, coma se “o meter man” non é o mesmo para uns coma para outros. Certo, hai categorías: a aristocracia e o populacho. Neste país non é o mesmo meterlle man a 500 euros, por exemplo, que a miles deles e demais favores. Non é o mesmo facer a declaración da renda cun bolígrafo BIC que cunha pluma estilográfica de marca. Non é o mesmo pasear polos metros do escarnio que chegar nunha limusina con dereito a que os séquitos dobren o cernizo. Aclaramos: agora teñen dereito de pernada, de mangantes e, como non, de indulto.


              Café Aitana 39 da Valenzá. Mércores, 15 de xaneiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario