domingo, 29 de diciembre de 2013

A ANDRÓMENA DOS RECORTES


              A xente semella que protesta, que se manifesta porque lle gusta saír á rúa, porque goza berrando, porque… como non temos nada que facer, ale, ímoslle montar un cristo, por axemplo, á Xunta. Deixamos os nosos traballos e as nosas casas e imos berrar por aí. Como vivimos na gloria e non temos outra cousa que facer… As últimas grandes manifestacións que houbo foron pola sanidade e pola educación. Agora o noso presidente Feijóo vai e solta iso de que “a sanidade e a educación están moito mellor que no ano 2009”. O que significa que os recortes, tanto nunha coma na outra, foron unha auténtica farsa, unha andrómena que denuncia a oposición e pola que a xente saíu á rúa porque hai moita nugalla neste país e, ante o aburrimento, ale, a bailar e a berrar ante as Consellarías ou ante as Xefaturas Territoriais. A ver cando caemos da burra e recoñecemos dunha vez por todas os méritos de Feijóo e dos seus acólitos. Ou por que raio están aí! Por listos!


              Café Oren Express da Valenzá. Xoves, 19 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario