domingo, 8 de diciembre de 2013

O PERDÓN DO PORTUGUÉS


              Quere cravarlle a espada no centro do corazón. Pero non se atreve. Ten ó seu inimigo chantado contra a parede, mais se lle mira para os ollos dálle non sei que e non se atreve a matalo. Nos ollos do inimigo asoma o terror máis puro, que leva escrito a palabra morte. Sabe que non ten salvación, aínda que tamén detecta a dúbida nos outros ollos, nos do mozo que o ten achantado contra a parede. O mozo vitorioso responde ó nome de  Sabino Luceiro Dasilva, O Portugués. Pero hai xa tantos anos que loita baixo as ordes do duque español que se sente mais deste país ca portugués. Sabino Luceiro ten fama de agresor e vingativo; non obstante, nese momento, vai ter razón o home acurralado: a dúbida asoma nos ollos do portugués-español. Rincha os dentes. O inimigo ve chegar a morte. Pero tamén nota que a presión contra o seu pescozo afrouxa. Séntese libre. Está libre. Ninguén sabe por que Sabino Luceiro deixou libre a un inimigo. Nin el mesmo o sabe.


              Café Oren Express da Valenzá. Venres, 29 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario