viernes, 20 de diciembre de 2013

OS PAXAROS




     Onte vin pola primeira canle e en versión orixinal subtitulada a película "Os paxaros" (1963), de Alfred Hitchcock; con Tippi Hedren, Rod Taylor, Jessica Tandy, Suzanne Pleshette, e Veronica Cartwright. A música é do gran mestre Bernard Herrmann. E, por suposto, don Alfred Hitchcock tamén sae coa súa típica esceniña.
     Falar a estas alturas deste filme é unha parvada, xa que todo o mundo coñece este clásico. E se por un casual non o coñece, sinceramente, non merece pertencer ó círculo dos amantes do cine, ou incluso aqueles que ven tan só catro o cinco películas ó ano. Non ver "Os paxaros" é cometer un pecado mortal cinematográfico. E punto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario