jueves, 19 de diciembre de 2013

GALA + DEPORTE




     Aproveitando que os rapaces foran invitados polo COB a asistir á 12ª Gala Premios + Deporte, que convoca o xornal La Región, tamén a muller e máis eu decidimos asistir, polo que non houbo película cinematográfica pola noite, xa que a tal gala rematou pasadas as dez e media, e aínda houbo que cear.
     A gala pareceume bastante amena. Nela premiáronse ós mellores deportistas ourensás durante o ano 2013. De todas formas, o mellor de todo foron as actuacións do clownman Peter Punk, que nos fixo rir abondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario