jueves, 19 de diciembre de 2013

LERIAS EN SOIDADE


              Si, si, si, se eu vou para abaixo... ti irás para arriba, digo eu. Conversas de rúa. Agora a xente fala moito polas rúas. Pero fala en soidade, é dicir, por medio duns móbiles que están a rebentar coa convivencia veciñal. Agora xa nin temos amigos. Agora o noso único confidente é o móbil, ou a taboíña, ou o ordenador. A quen carallo se lle vai ocorrer que existe a lareira. Moitos xa non saben o que é unha lareira, o que significan as conversas nas lareiras. Si, si, si, me fui por los cerros de Úbeda... e volviches polo outeiro do Corno. Pero a persoa que latrica vai soa pola beirarrúa e un chisco máis adiante outra coa orella pegada ó móbil. E outra máis, E outra. Ata unha parella, collidos da man, pero coas outras ocupadas nos malditos móbiles. Incrible! Non estarán falando dos chourizos colgados do lareiro?. Ó mellor igual quedan a botar unhas risas xunto á lareira. Andas cen metros e todo son lerias. Pero lerias en soidade. Imaxes tristes. Imaxes duras. Ai a calor dunha lareira!


              Biblioteca da Valenzá. Martes, 17 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario