lunes, 16 de diciembre de 2013

UNHA MULLER LIMPA


              Edita Riqueza Combate está farta dos seus anteollos. Farta porque os ten que limpar de cando en cando. Maldito po. Maldita caspa. Non, non é que teña moita caspa, pero de cando en vez si cae algo dela en algún cristal. E iso moléstalle moito. Edita Riqueza Combate é unha muller limpa, aseada. A ver se por iso que dixen da caspa, vai pensar alguén que é unha porcallana, unha descoidada. Non, repito, é limpa. Todos sabemos o que é a caspa. Aclarado o asunto da caspa, pasamos á descrición da procedencia da nosa protagonista. Edita Riqueza Combate naceu en Bembibre, é de León e vive na Coruña. Así de simple. É de León porque alí viviu practicamente toda a súa vida. O de nacer en Bembibre foi tan só un accidente, e o de vivir na Coruña... só leva dous anos na cidade herculina. Pero xa sabe galego dabondo, incluso o fala bastante. Si, iso, o de cursos intensivos. Edita Riqueza Combate limpa de novo os anteollos, abre un libro (en galego!) e ponse a ler. Así calquera aprende axiña.


              Café Viena 17 de Ourense. Venres, 13 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario