lunes, 9 de diciembre de 2013

INSISTINDO NA INDEPENDENCIA


              Como me gusta atopar motivos para desexar, para pedir, para solicitar a independencia de Galicia! O Goberno négalle a beca a unha investigadora por solicitala en galego. E moitos pensarán que, efectivamente, a negativa ten razón de ser, que no Goberno central a lingua oficial é o castelán. Porén, o máis rechamante do asunto é que o Ministerio de Economía, ó que lle estaba dirixida a solicitude, confirmoulle a Carlos Callón (presidente da Mesa pola Normalización Lingüística) que si se tramitaría se esa ou calquera outra entrase nas súas dependencias escrita en inglés. Mátame, camión!. Inglés si, galego non. Como non vou insistir na independencia de Galicia! Co ben que estariamos nós soíños! E tampouco podo, agora mesmo, ofender a España porque me cravarían 30.000 euros de multa. E se non recoñezo a España como país?. Non o podo dicir moi alto, que, hoxe, a represión está á orde do día; axiña che meten unha multa ou te mandan ó cárcere. Ademais, como non son banqueiro...


              Café Aitana 39 da Valenzá. Sábado, 30 de novembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario