viernes, 13 de diciembre de 2013

CAXATOS CON ESTÉTICA DE CÓMIC


              A pesar de ser practicamente veciños (de Montederramo), teño que recoñecer que non coñecía de nada a Xosé Manuel Rodríguez Mojón, un tallista de madeira que se lle deu por caer hai uns días pola Casa da Cultura da Valenzá, cunha exposición de pouco máis dunha ducia de pezas e de deseños que, como se adoita dicir, deixáronme co bico doce. Pois ata agora, un estaba acostumado a ver pezas grandes de madeira esculpidas; e Moxom (así asina as súas obras) opta, non obstante, por simples caxatos ou gallas máis ou menos delgadas que recolle por aquí e por alá. E cos caxatos fai virguerías. Virguerías influenciadas por unha estética de cómic e polo seu gusto cinematográfico. Case vexo a Moxom paseando polas carballeiras da serra e cos ollos atentos a algún que outro caxato para que, logo da súa escolleita, sexa a súa propia imaxinación a que debuxe a que esculpa aquel personaxe que axiña tallará. O seu proceso creativo é realmente orixinal: caxato morto no chan, caxato vivo nas súas mans.


              Café Paco Paz de Ourense. Mércores, 11 de decembro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario